Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán afronta un reto maiúsculo diante dun dos mellores equipos da Euroliga

O Breogán afronta un reto maiúsculo diante dun dos mellores equipos da Euroliga

Recibe no Pazo o Baskonia (martes, 19:00 horas) no primeiro partido despois da parada de Nadal

G24.gal 26/12/2022 15:22

Volve a Liga ACB e o equipo máis madrugador para xogar será o Rio Breogán. Os de Mrsic reciben a Baskonia no Pazo coa única dúbida de Justus Hollatz. O base xermano atravesa un proceso febril que lle fixo perder catro quilos nesta semana.

Con que si conta Mrsic é coa achega de Ethan Happ. O pivote debería chegar a tempo para medirse a Baskonia, o equipo revelación da Euroliga. O Breogán busca a sétima vitoria e sobre as festas de Nadal, di Mrsic que os seus xogadores se coidaron polo menos nos banquetes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade