Publicador de contidos

O Breogán sentenza nun último cuarto sublime

O Breogán sentenza nun último cuarto sublime

Derrota a Gran Canaria 76-66 grazas a un parcial de 11-1 nos últimos minutos

Kalinoski estivo imparable con 23 puntos e 5 triplas

G24.gal 06/11/2021 19:46

O Río Breogán continúa a serie triunfal na ACB e derrotou a Gran Canaria, un dos equipos máis en forma da Liga que chegaba cun balance de 6-2, por 76-66 logo dun gran último cuarto. Kalinoski, con 23 puntos, estivo estelar ben secundado por Lukovic e Musa. 

No primeiro cuarto os lucenses amosaron unha gran defensa deixando ao seu rival en 11 puntos e sen permitirlle ningunha canastra nos últimos catro minutos. Lukovic, con 7 puntos, era a arma ofensiva dos de Paco Olmos (16-11). 

Espertou Gran Canaria no segundo cuarto no que grazas ao seu acerto dende a tripla recuperou o pulso do partido. Colleu o mando (21-25) e xa non o soltou ata o final malia que sempre se mantivo o equilibrio (32-34 ao descanso).

Os canarios parecían rachar o partido no terceiro cuarto cando chegaron a ter vantaxes por riba dos dez puntos (41-52) pero apareceu un estelar Kalinoski para meter ao seu equipo cun parcial de 13-0 e igualar o encontro (54-54). 

O último cuarto foi o decisivo. Todo parecía encamiñado cara un final moi igualado (61-60 a cinco minutos do final) pero o Breogán conseguiu facer un parcial de 11-1 (72-61) que deixou o rival moi tocado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos