Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán nunca gañou no Palau, pero Mrsic sabe ben como facelo

O Breogán nunca gañou no Palau, pero Mrsic sabe ben como facelo

O técnico breoganista gañoulle varias veces ao Barcelona cando xogaba no Unicaja

G24.gal 11/02/2023 14:22

A historia é testana co Breogán en Barcelona onde xamais gañou nas vinte e dúas visitas anteriores. Con todo, o seu técnico Veljko Mrsic xa o fixo xogando para o Unicaja: "Creo que gañamos dúas veces, se me lembro ben, unha vez no play off, outra na Liga regular, tiñamos bo equipo, xogamos ben estes partidos".

Unha temporada antes, Mrsic tamén derrotara o Barcelona cunha canastra decisiva súa no último segundo. De aí que o adestrador breoganista sexa unha voz autorizada á hora de convencer os seus xogadores de que a vitoria no Palau é posible. "Debemos estar estragos. Debemos xogar corenta minutos coma un bloque, tomar boas decisións en todos os momentos do partido, sexa en defensa, sexa en ataque e só deste xeito, ter un bo acerto".

Acerto como o que amosou o propio Mrsic no último adestramento por se fose necesaria a súa presenza debido ás baixas coas que contou durante a semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade