O Breogán e o Obradoiro xa coñecen a folla de ruta da temporada na ACB
O Breogán e o Obradoiro xa coñecen a folla de ruta da temporada na ACB
Celebrouse esta mañá o sorteo do calendario da competición
O Breogán e o Obradoiro xa coñecen os seus rivais e o calendario completo para esta temporada na Liga ACB. Un campionato que será especialmente esixente ao que hai que engadir a participación europea das dúas entidades.
Comezará o campionato a fin de semana do 23-24 de setembro. O Obradoiro enfrontarase ao Palencia en Sar e o Breogán recibirá o poderoso Baskonia no Pazo.
Datas importantes no calendario serán as seguintes:
-Derbis galegos: En Lugo o 23 de decembro e en Santiago o 23 de marzo.
-Barcelona: O Breogán recibirao o 5 de novembro e o Obradoiro o 31 de marzo.
-Real Madrid: O Obradoiro xogará en Sar contra o campión de Europa o 16 de decembro e o Breogán no Pazo o 11 de febreiro.