Publicador de contidos

Publicador de contidos

O brent supera os 104 dólares e Wall Street pecha de novo en vermello

O brent supera os 104 dólares e Wall Street pecha de novo en vermello

O IBEX 35 sobe un 0,13% e a maioría das principais bolsas europeas acumularon tamén lixeiras subidas

(Europa Press-Arquivo) (Europa Press-Arquivo)
G24.gal 24/03/2026 21:22

 O barril de petróleo brent para entrega en maio subiu este martes un 4,55%, ata 104,49 dólares, no mercado de futuros de Londres, nun ambiente volátil á espera de indicios dunha resolución do conflito en Oriente Medio.

O cru do mar do Norte, de referencia en Europa, sumou 4,55 dólares respecto ao peche do luns no ICE londiniense, cando terminou en 99,94 dólares.

Wall Street pechou este martes en vermello e o Dow Jones de Industriais, o seu principal indicador, baixou un 0,18% tras o repunte de onte, cando anotou a súa maior subida nun día desde que empezou a guerra en Oriente Medio, mentres os investidores continúan atentos á súa evolución.

Ao peche do parqué neoiorquino, o Dow Jones situouse nos 46.124 puntos; o selectivo S&P 500 retrocedeu un 0,37%, ata os 6.556 enteiros; e o tecnolóxico Nasdaq perdeu un 0,84%, ata as 21.761 unidades.

O presidente estadounidense, Donald Trump, asegurou que progresan as negociacións con Irán para poñer fin á guerra iniciada por Estados Unidos e Israel o 28 de febreiro, aínda que Teherán negou a véspera que houbese conversacións formais.

O analista Fawad Razaqzada, de Forex.com, dixo que "o mercado segue pendente de calquera declaración de Trump" e actualmente "móvese por titulares", o que xera fortes oscilacións no petróleo, o dólar e os índices bolsistas.

Segundo Razaqzada, os investidores esperan "sinais claros" sobre posibles conversacións de cesamento do fogo e, ata que non haxa confirmación de avances reais, "é difícil que os mercados recuperen confianza".

Os investidores queren garantías de que pode renovarse o tráfico polo estreito de Ormuz, por onde circula un 20% do transporte marítimo de petróleo, pechado de facto por Teherán en represalia polos ataques no seu territorio. 

Subidas nas bolsas europeas

O IBEX 35, principal selectivo da Bolsa española, subiu este martes un 0,13% e superou o nivel dos 16.900 puntos nunha xornada de indefinición nos mercados á espera da evolución do conflito en Oriente Medio. O selectivo español sumou 22 puntos, ata os 16.910,2 puntos. No ano, acumula unhas perdas do 1,96%. 

​​​Por valores, Puig liderou as subidas no parqué español ao sumar case un 13%,  tras o anuncio dunha posible fusión con Estée Lauder.

Nos avances destacan tamén os títulos de Cellnex (4,38%) e Repsol (3,44%), mentres que Indra (-4,19%), Banco Santander (-1,5%) e Naturgy (-1,02%) protagonizan as maiores caídas. 

O resto de prazas europeas impuxéronse as ganancias salvo para Frankfurt, que perde o 0,07% nunha sesión volátil e co euro depreciándose fronte ao dólar nas 1,159 unidades.

París sumou o 0,23%; Milán, o 0,42%; e Londres, o 0,72%.

O Euro Stoxx50, índice no que cotizan as empresas europeas de maior capitalización, ha repuntado un 0,13%. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade