Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Boiro resolve en tres apertados sets diante do Manacor

O Boiro resolve en tres apertados sets diante do Manacor

Derrota do Intasa San Sadurniño na pista do poderoso Unicaja Almería

G24.gal 17/02/2022 07:37

Nos partidos xogados o mércores triunfo do Rotogal Boiro diante do Manacor, o equipo que o precede na clasificación, e derrota do Intasa San Sadurniño na pista do poderoso Unicaja Almería (3-0) nun partido no que non tivo opcións.

O Rotogal impúxose por 3-0 pero en tres sets moi duros que se resolveron pola mínima. Os parciais foron de 25-23, 26-24, 25-22, o que demostra a igualdade entre os dous equipos e a fortaleza mental dos do Barbanza para decidir no intre decisivo. 

Con este resultado o Rotogal (22 puntos) segue a ser o mellor dos galegos, situado na oitava posición, pero un pouco máis preto do Manacor, sétimo clasificado con 27 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar