Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		O BNG reclamará no Parlamento máis financiamento para Compostela pola súa capitalidade
Trasladoullo Ana Pontón á alcaldesa de Santiago, no inicio dunha rolda de visitas polas cidades galegas
Tamén pedirán que se aprobe a taxa turística e máis vivenda pública para a capital de Galicia
                            G24.gal
                        
                            21/09/2023 13:17
                        
                        
                        
                        
                    
                    A voceira nacional do BNG comezou en Santiago unha rolda de visitas polas cidades galegas.
Ana Pontón di que a Xunta non atende as necesidades da capital de Galicia. Pontón trasladoulle á alcaldesa de Santiago de Compostela que apoia as súas demandas e que as vai trasladar ao Parlamento para o seu debate: máis vivenda pública, a taxa turística e máis financiamento para cubrir os gastos que supón a capitalidade.