Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BNG pide un pleno extraordinario sobre a situación da sanidade pública

O BNG pide un pleno extraordinario sobre a situación da sanidade pública

Din que debe comparecer de forma urxente o presidente da Xunta

Piden o 25 % do orzamento de sanidade para Atención Primaria

G24.gal 01/07/2022 13:14

O BNG pide a convocatoria urxente dun pleno extraordinario para abordar a situación do sistema sanitario. A portavoz nacional tamén avanzou que pedirán unha modificación da lei de saúde na que se blinde por lei que o 25 % do orzamento do Sergas teña que destinarse a atención primaria e un plan de choque de 200 millóns para mellorar a atención primaria.

Ana Pontón dixo que este pleno debe servir non so para analizar o que está pasando, senón tamén para poñer sobre a mesa medidas de choque para facer fronte á deterioración da sanidade pública no noso país. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade