Cargando resultados...
O BNG pide a declaración urxente de Verín e Monterrei como zona catastrófica
Ana Pontón reclama unha nova política forestal en Galicia para loitar contra o lume
G24.gal
12/08/2022 20:20
O BNG pide a declaración urxente de Verín e da comarca de Monterrei como zona catastrófica. A portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, reclama que as axudas para os afectados polos incendios cheguen canto antes.
"É necesario que as zonas máis afectadas polos lumes se declaren zona catastrófica, porque iso permitirá axudas para os que perderon as casas, bens ou viñedos. E tamén para iniciar o proceso de recuperación do territorio", asegura.