Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BNG acusa a Xunta e a Rueda de non estar á altura na resposta aos incendios

O BNG acusa a Xunta e a Rueda de non estar á altura na resposta aos incendios

Ana Pontón pide a dimisión do presidente galego tras visitar as zonas máis afectadas

A nacionalista critica a falta de prevención e a insuficiencia das axudas anunciadas

G24.gal 03/09/2025 15:47

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cargou este mércores contra a xestión da Xunta nos incendios forestais e reclamou de novo a dimisión do presidente Alfonso Rueda, ao considerar que “non estivo á altura nin antes dos incendios, nin durante, nin despois”.

Pontón visitou concellos afectados como Oímbra, Monterrei e Verín, onde afirmou que quen é “parte do problema non pode ser parte da solución”. Segundo dixo, as axudas anunciadas polo Executivo autonómico son insuficientes e “o problema non se vai solucionar con propaganda e coas mesmas promesas de sempre”.

Críticas á prevención e á resposta

A líder nacionalista acusou a Xunta de chegar tarde en materia de prevención e de non activar a tempo un dispositivo axeitado para facer fronte aos incendios, malia saberse que podían producirse en calquera momento. Tamén criticou que o Goberno galego tardou en reaccionar durante a vaga de incendios e que agora volve “chegar tarde” na resposta á crise.

Pontón lembrou que a zona que visitou “xa ardera hai moi poucos anos” e que daquela se fixeran “moitas promesas” que finalmente non se cumpriron. “A Xunta non cumpriu absolutamente nada”, asegurou.

A portavoz do BNG advertiu de que o PP non poderá agochar a magnitude da catástrofe “nin con manipulación informativa, nin con propaganda, nin con mentiras”. Considera que Rueda tenta eludir responsabilidades e que a situación actual é consecuencia da “irresponsabilidade do PP, que leva anos desmantelando políticas de loita contra os incendios e de protección do territorio”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade