Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Betis leva un sorprendente triunfo do Pazo despois de dúas prórrogas

O Betis leva un sorprendente triunfo do Pazo despois de dúas prórrogas

Os lugueses abriron unha importante fenda no cuarto cuarto, pero non foron quen de pechar o partido

Un 6-0 de inicio na segunda prórroga tampouco foi suficiente

Foto: EFE
G24.gal 04/03/2023 23:10

O Betis acadou un sorprendente triunfo no Pazo, nun partido en que o Breogán sempre levou a iniciativa, pero non foi quen de pechar o encontro nos momentos decisivos.

Durante o tempo regulamentado, o Breogán foi collendo ritmo co paso dos minutos. Logo dun empate a 22 ao final do primeiro cuarto, separouse no marcador no segundo grazas a un parcial de 9-2. Pero o Betis mantívose no encontro en todo momento. Mesmo, xa no cuarto cuarto, cando un mate de Lukovic significaba unha diferencia de 11 puntos, a maior do partido. Quedaban pouco máis de catro minutos, pero o Betis foi quen de neutralizar esa vantaxe, os catro últimos puntos no último minuto, ata asinar un 92-92 que mandaba o partido á prórroga.

No primeiro tempo extra ningún dos equipos foi quen de abrir vantaxe, e resultou chave unha acción sinalada polos árbitros. Unha falta antideportiva de Sergi García sobre Pepe Pozas, que enviaba o encontro a un segundo tempo extra. 

A acción polémica sobre Bamforth no final da primeira prórroga

Foi entón cando un gran inicio dos lugueses, cun 6-0 de parcial, parecía deixar o encontro decidido. Pero, unha vez máis, os béticos aferráronse ás súas posibilidades para acabar dándolle a volta ao resultado cun Tyson Pérez que foi decisivo. O máximo anotador foi Montero, con 28 puntos e 29 de valoración. Pero Tyson Pérez, que acabou con 18 puntos, foi quen de anotar nos momentos decisivos. Por parte dos lugueses, o fmáis destacado foi Nenadic, con 24 puntos e 35 de valoración. Ao final, 114-115, e o Breogán complica as súas posibilidades de meterse entre os oito primeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade