Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Bergantiños pon o fútbol e o Raio os goles (1-3)

O Bergantiños pon o fútbol e o Raio os goles (1-3)

Gran partido do equipo de Carballo, que gozou de moitas oportunidades pero atopouse coa efectividade do equipo de Primeira División

G24.gal 15/12/2021 20:53

O Bergantiños completou un gran partido contra o Raio Vallecano pero acabou perdendo por 1-3 e quedou eliminado na segunda eliminatoria da Copa do Rei. 

Os de Carballo xogáronlle de ti a ti ao sexto clasificado da Primeira División, que se apoiou na grande actuación do seu porteiro Luca Zidane. Na primeira metade, as mellores ocasións foron para o Bergantiños: Escobar, Remeseiro, Carlos López e Boedo tiveron o gol. Cando se achegaba o descanso, Mario Suárez rematou de cabeza e puxo o 0-1. 

Na segunda parte, o Bergantiños botouse ao ataque. Boedo tivo unha grande ocasión ao pouco de comezar, pero volveu a aparecer Zidane. Conforme pasaban os minutos, o Raio comezou a controlar a situación e no 67 Pathé Ciss semellaba sentenciar a eliminatoria. 

O Bergantiños tirou de carácter, empurrou e Jorge Cano marcou o gol que poñía emoción aos últimos quince minutos. Cos locais envorcados, o Raio sentenciou xa no engadido cun gol de Óscar Valentín. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade