Cargando resultados...
O Bergan perde pola mínima nun partido de escasa produción ofensiva
Panadero marcou no minuto 62 o gol da UP Langreo
G24.gal
22/01/2022 18:55
Non foi tan festivo o comezo da xornada na segunda federación. O Bergantiños non puido co Langreo nas Eiroas.
O equipo asturiano levou a vitoria con este solitario tanto nunha xogada cun posible fóra de xogo no pase de Nacho a Pana. Pero o árbitro deixou seguir, e Pana resolve cun golazo case sen ángulo.
Un gol, no minuto sesenta e dous que lle serve ao Langreo para ascender á sexta praza por diante dos galegos.
No descanso os biberóns das Escolas Luis Calvo deleitaron o público