O Bergan leva o primeiro derbi galego do ano (2-1)
Os goles foron de Carlos López, Alberto Martín e Jorge Cano
O Bergantiños levou o primeiro derbi galego do ano 2022 nas Eiroas. Partido que vimos a través da nosa segunda canle e que comezou co dominio do conxunto visitante.
O Arousa gozou de dúas boas oportunidades para adiantarse no marcador. Primeiro topou co longueiro no disparo de Luis Nuño e despois con Santi Canedo, que fixo unha estirada de moito mérito para evitar o tanto.
Pero o primeiro en golpear foi Carlos López para os locais. Zurdazo preto do descanso para marchar ao tempo de lecer por diante. Xa na segunda parte, Alberto Martín conectou unha boa cacholada para empatar o partido á saída dende o curruncho.
E no 70 chegou a xogada que decidiu o partido. Unha xogada estraña porque Remeseiro marca pero o colexiado anula o tanto por falta previa. E curiosamente nesa falta acaba marcando na prolongación Jorge Cano o definitivo 2-1