Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Baxi Ferrol perde na súa visita ao Avenida (81-75)

O Baxi Ferrol perde na súa visita ao Avenida (81-75)

As salmantinas foron quen de remontar os doce puntos de vantaxe que chegaron a ter as ferrolás durante o terceiro cuarto

G24.gal 21/12/2025 20:27

Na Liga Feminina, derrota do Baxi na súa visita o Avenida, no preludio do que vai ser a eliminatoria europea que vai enfrontar estes mesmos dous equipos.

Saíron moi ben as departamentais. Lideradas por Claire Melia puxéronse 2-17. Pero no descanso o partido xa estaba máis igualado: 37-39 e coa baixa de Blanca Millán, mancada, e a expulsión de Lino López.

Volveron coller 12 de vantaxe as ferrolás no terceiro cuarto pero, a base de defensa, as salmantinas remontaron e abriron un pequeno oco que souberon xestionar ata o 81-75 final. Iyana Martín resultou imparable: 28 puntos, 6 rebotes, 8 asistencias e 6 faltas provocadas para 32 de valoración. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade