Cargando resultados...
O Baxi Ferrol; a revelación da Liga Feminina de baloncesto é galega
Recentemente ascendido, acaba de confirmar a súa presenza na fase final da Copa da Raíña
G24.gal
11/01/2024 15:05
Non todas as gabanzas en Ferrol son para o Rácing. Como en vidas paralelas, ao seu carón o Baxi tamén é o equipo revelación da Liga. Recentemente ascendido, acaba de acadar un billete para a Copa co que non contaba nin o propio club.
O Baxi Ferrol será o equipo galego que xogará a Copa da Raíña. A formación que dirixe Lino López volveu a máxima categoría e fíxoo cun éxito que reflicte a excelente campaña que está a realizar. Cun baloncesto alegre e dinámico.
O Baxi, cunha afección das máis fieis da categoría, baralla, porén, un dos orzamentos máis baixos da Liga.