Cargando resultados...
O base alemán Justus Hollatz, a primeira fichaxe do Breogán
Anunciouno o seu representante Misko Raznatovic
Ten 21 anos e promediou case 8 puntos e 6 asistencias co Hamburgo

G24.gal
28/05/2022 12:00
O base alemán Justus Hollatz xogará no Breogán na temporada 22-23 segundo o seu representante Misko Raznatovic. Trátase dun xogador de só 21 anos, unha aposta de futuro con pasaporte comunitario.
A pasada temporada, a primeira en que xogou de xeito regular na Bundesliga, acreditou uns números moi interesantes militando no Hamburgo. Xogou máis de 22 minutos por partido cunha media de case 8 puntos e 6 asistencias por encontro.