Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Barcelona estraga unha grande oportunidade para sentenciar o Nápoles (1-1)

O Barcelona estraga unha grande oportunidade para sentenciar o Nápoles (1-1)

Lewandowski plasmou a superioridade do equipo catalán, pero Osimhen empatou para os italianos

G24.gal 21/02/2024 22:30 Última actualización 21/02/2024 22:45

O Barcelona foi superior ao Nápoles na ida dos oitavos de final da Liga de Campións pero non plasmou esa sensación cun resultado axeitado. O empate (1-1) deixa encamiñado, pero non sentenciado, o pase aos cuartos.

Na primeira media hora o Barcelona saíu con moita forza, dominando o encontro e con achegamentos dabondo para adiantarse no marcador. 

O gol chegou no segundo tempo, cando Lewandowski atopou o oco na área para armar a perna e superar o porteiro italiano. Todo apuntaba a unha vitoria do Barcelona, pero o partido aínda tiña unha sorpresa. 

No minuto 75, e nun dos escasos achegamentos que xerou, o Nápoles empataba grazas ao tino do seu goleador Osimhen no primeiro disparo a portería do partido. Deixou escapar unha grande oportunidade o Barça vendo o partido e terá que sentenciar como local en Montjuic. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade