Publicador de contidos

Publicador de contidos

O autor do dobre atropelo mortal de Madrid, pendente de pasar a disposición xudicial

O autor do dobre atropelo mortal de Madrid, pendente de pasar a disposición xudicial

Exteriores da comisaría da Latina onde permanece custodiado o autor do dobre atropelo mortal do Paseo de Estremadura
G24.gal 28/04/2023 13:51 Última actualización 28/04/2023 21:25

O autor do múltiple atropelo de Madrid, no que morreron dúas persoas e cinco máis quedaron feridas, está pendente de pasar a disposición xudicial. O home, de 31 anos e con antecedentes por delitos contra a propiedade, entregouse horas despois de fuxir do lugar do accidente.

O autor do dobre atropelo mortal ocorrido este xoves en Madrid permanece custodiado no calabozo da comisaría de policía do distrito da Latina, onde se entregou horas despois de fuxir do lugar do accidente.

O detido, de 31 anos e con antecedentes previos por delitos contra a propiedade, conducía o vehículo que circulaba a gran velocidade polo Paseo de Estremadura e levou por diante varias persoas que cruzaban por pasos de peóns.

Dous homes, de 71 e 82 anos, morreron e outras catro persoas quedaron feridas de distinta consideración. A quinta persoa ferida viaxaba no vehículo causante do sinistro, onde ademais do condutor ían a súa parella, o seu fillo de 8 meses e outro home.

A Garda Civil déralles o alto preto da localidade madrileña de Leganés ao detectar que o bebé ía no colo da nai e non nunha cadeira infantil regulamentaria. O condutor non atendeu a orde de parar o vehículo e iniciouse unha persecución que rematou traxicamente no Paseo de Estremadura da capital.

O home pasará nas próximas horas a disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade