Cargando resultados...
O automobilismo galego celebra o Campionato de Europa de Javier Pardo
G24.gal
22/11/2021 14:11
O allaricense Javier Pardo subiu ao podio da última proba, Rally Canarias, xunto ao seu copiloto, Adrián Pérez.
Javier Pardo debutaba esta temporada no campionato e dominouno de principio a fin. Gañou as seis probas celebradas. E fíxoo contra pilotos de maior experiencia internacional.
"O equipo deu o 100 % para estar aí. Tendo en conta de onde veño xa cheguei moi alto", declaraba Pardo.