O arroaz Manoliño divírtese no porto de Sada
O golfiño bañouse xunto a tripulación dun barco escola austríaco
Malia que é moi xogador, cómpre afastarse del e non tocalo
Non é a primeira vez que un arroaz se adentra no porto de Sada, pero ningún tan rebuldeiro como Manoliño. Na súa visita decidiu unirse ao baño dos mariñeiros dun barco escola austríaco que facía parada en Galicia.
Hai cinco anos que este arroaz solitario sorprende a bañistas e mariñeiros coa súa ansia xogadora.
Foi expulsado da súa manda e non ten medo da interacción humana. Pero, aínda que se achegue, o mellor é afastarse.
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños pide que ninguén o toque posto que, ademais de ser un perigo facelo, hai unha lei que o prohibe. Cren que Manoliño xa é un animal adulto que podería estar cambiando de hábitos a xulgar polas súas últimas incursións fóra de Noia, en lugares como Corcubión, Ferrol ou Sada.