A Garda Civil intervén nun almacén do Porriño máis de 10 quilos de material pirotécnico
Estaba almacenado sen as medidas de seguridade necesarias e non tiñan autorización para vendelo
Os propietarios enfróntanse a multas que van desde os 600 ata os 30.000 euros
Segue aberta a operación na que a Garda Civil interveu nun bazar do Porriño máis de dez quilos de material pirotécnico. Estaba almacenado sen as medidas de seguridade necesarias e non tiñan autorización para vendelo.
Os exentes levaron a cabo unha inspección no bazar para supervisar a legalidade da comercialización de diversos produtos pirotécnicos expostos para a venda neste nave situada no polígono da Granxa, no Porriño. Tamén para verificar as cantidades permitidas neste tipo de establecementos.
A investigación continúa aberta para coñecer a orixe do material e o seu estado. Os propietarios do bazar enfróntanse a multas que van desde os 600 ata os 30.000 euros.
Desde a Garda Civil advirten da importancia de comprar este tipo de produtos en establecementos autorizados.