Cargando resultados...
O Arenteiro rescata un valioso punto das instalacións de Tajonar
Gozou de boas ocasións para traer os puntos, pero tamén Diego García interveu dun xeito decisivo na última xogada do partido
G24.gal
10/09/2023 14:41
Valioso punto do Arenteiro no Tajonar ante o filial do Osasuna. Os de Javi Rey xa suman catro puntos logo de tres xornadas. O conxunto do Carballiño cargou moito o seu xogo de ataque pola banda dereita e froito desa insistencia chegaron as mellores oportunidades na primeira metade. Jordan e Alex Fernández gozaron delas.
Miku tamén tivo unha boa ocasión, e entre Álex Fernández a Iván Ramos ameazaron con levar os tres puntos para Galicia. No treito final tamén avisou o Osasuna cun disparo de Osanbela que rexeitou Diego García.
Punto moi traballado para o Arenteiro que comeza a sacar réditos tamén como visitante.