Cargando resultados...
O Arenteiro presenta 4 novas incorporacións
Presentáronse as fichaxes de Alvin, Víctor Mingo e Adilson
Tamén tivo lugar a presentación de Jaume Cuellar, que xa xogou esta temporada no Espiñedo
As novas incorporacións do Arenteiro
G24.gal
31/07/2025 16:01
Este xoves, o director deportivo do Arenteiro, Joan Farías, dirixiu o acto de presentación das 4 novas incorporacións do conxunto da provincia de Ourense. Entre eles estaba o extremo Jaume Cuellar, que xa xogou no Carballiño esta última temporada procedente do Lugo.
Tamén tivo lugar a presentación do porteiro Alvaro Abajas, que chega cedido polo Leganés, e a do dianteiro Víctor Mingo, que procede do filial do Espanyol. A cuarta fichaxe foi o mediocentro Adilson, que xogou no Real Ávila na última temporada, nesta demarcación pode producirse algunha fichaxe máis antes da fin do mercado.