Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Arenteiro estará no bombo da Copa do Rei

O Arenteiro estará no bombo da Copa do Rei

Gañoulle por 3-0 ao Panadería Pulido canario con goles de Markitos, Manín Gonzaga e Escobar

Tamén se mete nas semifinais da Copa Federación e enfrontarase ao Real Unión de Irún

G24.gal 12/10/2022 20:41

O Arenteiro repetirá na Copa do Rei cun rival de Primeira División. O ano pasado estivo o Valencia no Espiñedo.

No partido de cuartos de final da Copa Federación goleou o Panaderías Pulido canario. Markitos abriu o marcador tras un centro lateral. Encontro serio do conxunto que prepara Fran Justo. Tras o descanso, dous goles máis. Manin á saída dun córner cabecea a rede. E despois co adversario deixando ocos internada pola banda dereita que culmina sen oposición Escobar.

Festa no Carballiño. Outra proeza do Arenteiro, o mellor equipo galego de Segunda Federación. Na semana do 12-13 de novembro medirase a un equipo da liga das estrelas. E a vindeira semana xogará contra o Real Unión vasco na semifinal da Copa Federación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos