Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Arenteiro e o Avilés empatan no Espiñedo nun partido con poucas ocasións

O Arenteiro e o Avilés empatan no Espiñedo nun partido con poucas ocasións

Foto: @CD_Arenteiro
G24.gal 02/10/2022 14:34

O Arenteiro empatou na casa fronte ao Real Avilés nun partido con poucas ocasións. Houbo que agardar ata a segunda metade para ver os goles. O primeiro, que abría o marcador para o equipo galego, meteuno Vitra á saída dun córner no minuto 52

Pero só oito minutos despois, Edu Cortina establecía o empate, que xa sería definitivo. As lesións e as interrupcións no xogo fixeron baixar aínda máis o ritmo do encontro nos minutos finais, cando o Arenteiro buscou o segundo gol con varios centros á área, sen éxito. Co empate, os ourensáns seguen invictos e asentados na parte alta da táboa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade