O Arenteiro desaproveita a ocasión de subir ao terceiro posto (1-1)
Empatou no partido adiado diante do Barakaldo no partido que enfrontaba as dúas sorpresas da Primeira Federación
O Arenteiro non puido gañar o partido adiado diante do Barakaldo que o colocaría na terceira posición do Grupo 1 da Primeira Federación. E iso que realizou un gran primeiro tempo no que marcou un gol, o noveno na conta particular de Marcos Baselga, e que estrelou un remate ao poste.
Xogaban as dúas revelacións da 1RFEF: o sorprendente equipo do Carballiño contra o recentemente ascendido Barakaldo que ten boa temporada está a facer. Sabían da importancia do enfrontamento tal e como estaba a clasificación e empregáronse os dous equipos a fondo. O Barakaldo reaccionou no segundo tempo e conseguiu empatar nunha falta sacada por Urki que non tocou ninguén e acabou na rede de Diego García.
Nos últimos dez minutos houbo boas ocasións para os dous equipos pero ningún conseguiu marcar o gol da vitoria. O Arenteiro mantense sexto, fóra dos postos de promoción de ascenso pero a un só punto da terceira praza, esa coa que iguala o cadro vasco.