O Arenteiro cae en Valdebebas (2-0) e volve aos postos de descenso
Os galegos aguantaron o empate inicial ata o minuto 70, pero acabaron cedendo ao final
Remata así unha serie de tres vitorias consecutivas
O Arenteiro viu freada a súa espectacular serie de tres vitorias consecutivas, que o sacaran dos postos de descenso á Segunda RFEF. Foi nun campo difícil, o de Valdebebas, diante dun Castela que acumula sete vitorias consecutivas na casa.
Malia a isto, o primeiro golpe deuno Martín Ochoa, nunha xogada que acabou con tanto do Arenteiro, anulado por fóra de xogo. O Arenteiro competiu mellor na primeira metade, pero o Castela saiu moito máis entonado logo do descanso, e dispuxo de varias ocasións. A defensa e Alvin foronas estragando ata o minuto 70. Foi entón cando un ataque rematou no pau. O rexeitamento caéulle a Rachad, que se revolveu na área para marcar o 1-0.
Dispuxo de boas ocasións o Arenteiro para empatar, sobre todo cunha cabezada de Eliseo á que respondeu Fran González cun paradón. Xusto a seguir, Llácer rematou ao traveseiro, e Mingo non atinou no rexeitamento.
Pero o que acabou marcando foi o Castela, nun rápido ataque que culminou Palacios co 2-0 definitivo.