Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Arenteiro busca a Copa e o Celta Fortuna o mellor emparellamento para o 'play off'

O Arenteiro busca a Copa e o Celta Fortuna o mellor emparellamento para o 'play off'

O último derbi da temporada na 1ª RFEF xógase na G2 este sábado ás 19:00 horas

G24.gal 17/05/2024 21:37

O Celta Fortuna visita esta fin de semana a casa do Arenteiro. Unha saída complicada a dúas xornadas de que remate a liga. Os números do equipo dende a chegada de Fredi convidan ao optimismo. Marcan máis, encaixan menos e na casa están máis fortes que nunca. Os celestes, cuartos clasificados, queren acabar a liga no máis alto para afrontar o play off con garantías.

E como a liga é unha proba de resistencia, o Celta Fortuna medirase na última xornada co filial do Barcelona. O Celta Fortuna gañou os cinco últimos partidos que disputou na casa.

O Arenteiro tamén quere facer valer o factor campo para seguir na pelexa por clasificarse para a Copa do Rei. Os do Carballiño son oitavos, con 51 puntos. Por riba, nas dúas últimas prazas para xogar o torneo do KO están Unionistas con 54 puntos e a Cultural con 57. Este partido ante o Celta Fortuna resulta crucial para as aspiracións do Arenteiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar