Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Arenteiro aséstalle un pau ao Barça Atlètic no seu campo (1-1)

O Arenteiro aséstalle un pau ao Barça Atlètic no seu campo (1-1)

Manín Gonzaga marcou o gol do empate e deixa o filial do equipo catalán a tres puntos do Deportivo

G24.gal 07/04/2024 21:31

En Barcelona, o partido comezou cun pau para o Arenteiro porque aos 11 minutos perdeu o porteiro Diego García. Máis se de paus falamos, nada mellor que este encontro. Porque a seguir o Arenteiro conseguiu o gol nun córner que cabeceou Alexis Olmedo, central de 16 anos.

Pero nesa narrativa de paus a cousa colleu forma e aí estampou a súa cabezada Bernal, no pau. E logo chegou Moha e alá foi outra contra o pau. E houbo un terceiro seguido desta volta de Percan. O pau freou o Barça e parou tamén a reacción de Arenteiro cando contra el petou Jordan.

Parouno de xeito momentáneo porque rápido arranxou o polbo mecánico, nun córner de Pibe que rematou por dúas veces Manín González. Con determinación. Manín entrara nesta segunda parte. 1-1 con media hora por diante en que os culés foron arriba e tiveron opcións, pero outravolta aí estaba o pao. Con Pau Víctor. Así acabou o choque, con empate.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar