Publicador de contidos

Publicador de contidos

O apagón, fillo de inestabilidade enerxética, por Venancio Salcines

OPINIÓN

O apagón, fillo de inestabilidade enerxética, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 30/04/2025 08:01

Os danos do apagón son diversos e difíciles de cuantificar; a CEOE estímaos en 1.600 millóns, una décima do PIB, e a Asociación de Traballadores Autónomos en 1.300 millóns. En todo caso, por debaixo dos 4.500 millóns que moitos viamos onte como máis probable. Pero o certo é que os danos non son homoxéneos, para os servizos supuxo unha perda de xornada, pero para as refinerías e a metalúrxica os danos transcenden o día. Ben porque a volta á normalidade é lenta, ben porque as perdas pola parálise das fundicións son enormes.

Onde parece que temos máis consenso é na causa máis probable. As voces máis potentes vinculan o apagamento coa inestabilidade que xera a enerxía renovable. Por que? En primeiro lugar, agora mesmo é imposible calcular cando entran na rede; segundo, por automatismos, se ven a rede sobrecargada retíranse para non recibir danos. Neste caso, entrou de máis e foise toda. É evidente que temos un problema de estabilidade, de rede e de control da oferta. Temos que poñer á revisión o noso sistema, e facelo na súa totalidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade