Cargando resultados...
O alugueiro de vehículos dispárase ata agosto máis dun 20 %
O alugueiro de vehículos dispárase ata agosto máis dun 20 %
Os clientes valoran o aforro que supón desentenderse do seguro e do mantemento
G24.gal
06/09/2023 15:25
Última actualización 06/09/2023 17:27
O alugueiro de coches segue imparable. Os condutores foxen da compra e buscan outras fórmulas.
Os clientes valoran a ausencia de ataduras e o aforro que supón pagar unha cota mensual sen preocuparse de nada máis. É unha opción que escollían tradicionalmente as empresas, pero nos últimos anos os particulares decántanse cada vez máis por esta modalidade.
Os contratos fanse xeralmente por períodos de entre 2 e 4 anos. As furgonetas seguen a ter un grande atractivo. Pero como novidade, solicítanse cada vez máis os coches eléctricos ou híbridos.
O alugueiro mantén a súa liña ascendente e na actualidade supón xa unha de cada catro matriculacións.