Cargando resultados...
O acusado de asfixiar ata a morte un meniño en Santiago vai seguir en prisión
Tras dous anos preso, a xuíza acorda mantelo no cárcere ata o xuízo

G24.gal
20/09/2022 13:06
O home acusado de matar por asfixia a seu sobriño de tres anos en Santiago vai permanecer no cárcere ata que haxa xuízo.
Está previsto que sexa a partir do 17 de xaneiro cando teña lugar a vista do caso. Cumpridos xa dous anos de encarceramento, a xuíza decidiu prorrogarlle a prisión provisional ata que Santiago Cepeda Quintela sente no banco dos acusados. Enfróntase ao pedimento da máxima condena: prisión permanente revisable.
A Fiscalía e a acusación popular consideran que asasinou o meniño. A súa defensa argumenta que non é responsable penal debido a trastorno mental ou alienación transitoria.