Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 65 % de doentes con covid na UCI en Galicia, desde o 30 de outubro, non tiña vacina

O 65 % de doentes con covid na UCI en Galicia, desde o 30 de outubro, non tiña vacina

Un estudo constata que os adultos son os que contaxian maioritariamente os menores de 12 anos  

G24.gal 26/11/2021 21:27

O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública, que aporta para xustificar as novas medidas, revela que o 65 por cento das persoas ingresadas nas Unidades de Coidados Intensivos dos hospitais galegos, desde o 30 de outubro, non estaban vacinados. 

Concretamente no grupo de idade entre 12 a 34 anos, o risco de ingreso é 14 veces máis elevado nas persoas non vacinadas. No grupo de 35 a 64 anos, o risco multiplícase por 18 veces, e no de maiores de 65 anos é nove veces maior, tamén no tocante ao risco de falecemento. 

Saúde Pública recolle estudos que constatan que os menores de 12 anos rematan contaxiados principalmente a través dos adultos. Isto quere dicir que existe transmisión secundaria a partir dos nenos nas familias, nas escolas e nos espazos de comunidade. 

Este grupo de idade non ten obriga de presentar o certificado covid, tendo en conta que "son usuarios minoritarios da hostalería" e que "hoxe en día aínda non se poden vacinar" de xeito inmediato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade