Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 40 % dos traballadores renuncian ás ceas de empresa pola covid

O 40 % dos traballadores renuncian ás ceas de empresa pola covid

A elevada incidencia das últimas semanas provoca anulacións de última hora

Segundo unha enquisa de Free Now, a nivel europeo, o 72 % dos españois devecen por recuperar as ceas de Nadal

G24.gal 03/12/2021 14:08

A preocupación pola covid ameaza, por segundo ano consecutivo, as xuntanzas polo Nadal. O corenta por cento dos cidadáns renuncia ás ceas de empresa e empezan a cuestionarse tamén as grandes celebracións en familia. 

Os datos proceden dunha enquisa a nivel europeo que sitúa España como un dos países con máis ganas de celebracións, pero tamén dos prudentes á hora de programar os eventos de Nadal.

Catro de cada dez persoas alegan a preocupación pola covid como principal motivo para non acudir a ceas de empresa malia a que o 72 % manifesta o desexo de retomar a tradición cos compañeiros de traballo. 

"Este ano pensabamos, este ano xa si, podemos volver recuperar a tradición de estar todos xuntos, e volvemos estar na incógnita de que facemos, si, non...", comenta unha moza sobre os plans na súa familia.

Ceas de empresa suspendidas

Outra decisión máis inmediata, a das ceas de empresa, xa foi tomada por 4 de cada 6 traballadores: "Anulámola, quedou clarísimo", di unha sanitaria do Hospital de Ourense. "Non imos facer, porque é un número moi elevado de persoas", engade outra moza.

Lonxe quedan as imaxes prepandémicas de multitudinarias celebracións de empresa como as que inmortalizou Billy Wilder no Apartamento e que, segundo a enquisa de Free Now, ansían recuperar o 72 % dos españois.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade