Nun mes duplicáronse as infeccións respiratorias, sendo a gripe a de maior incidencia
A incidencia dos virus respiratorios pasou de 252 casos por 100.000 habitantes a 513
Ante o aumento da incidencia dos virus respiratorios, Sanidade estuda implantar de novo a máscara nos centros médicos
Tose, mocos e febre son os síntomas máis comúns das infeccións respiratorias, que este outono chegaron con forza aos fogares galegos.
"Desde o covid non tiven unha gripe tan forte", di unha muller.
Precisamente de gripe común son a maioría dos casos que se ven estes días nos centros de saúde.
"Teño o meu fllo con catarro de nariz"; conta unha muller, e outra di que "Algún xa tivemos pero xa o demos quitado".
Nun mes a incidencia destes virus duplicouse, pasouse de 252 casos por 100.000 habitantes a 513.
"Eu voume vacinar de gripe e de todo", asegura unha muller.
Aquí, en Galicia, xa hai semanas que se está vacinando, pero os virus cada vez adiántanse máis.
"Aínda que a vacina provoca inmunidade en pouco tempo non é o suficiente para que se hai un pico epidémico poda collelos protexidos", explica Lorenzo Armenteros, membro da Socieade Española de Médicos Xerais e de Familia
Os que se reduciron foron os casos do virus respiratorio sincipital, o causante das bronquiolites. Unha enfermidade que antes da vacina provocaba un milleiro de ingresos.
"Un nivel de inmunización e protección nos nenos moi alto, este virus en lactantes era moi grave incluso mortal", engade o doutor Armenteros.
Ante o aumento da incidencia dos virus respiratorios, Sanidade estuda implantar de novo a máscara nos centros médicos.