Máis de 2.000 exemplares participan na exposición canina de Lugo
Tamén se celebran probas de agility selectivas para o campionato do mundo
Máis de dous mil cans enchen o Pazo de Feiras de Lugo para participar nas exposicións nacional e internacional canina, dous eventos de gran repercusión social e económica que axudan á recuperación nestes tempos de pandemia.
Hai exercicios de agility e circuíto. Son probas selectivas para o campionato do mundo e por iso os participantes deben dar o mellor de si mesmos.
Noutro lado do pazo, teñen lugar as finais de grupo da 99 exposición nacional canina. Este domingo será a 100, un importante concurso morfolóxico de beleza.
Tamén se celebra un concurso monográfico de retrievers, unha raza moi coñecida. Pero na exposición tamén atopamos razas non tan populares, como o cristado chinés ou o whippets.