Publicador de contidos

Publicador de contidos

Interrompida a circulación ferroviaria entre Montefurado e Monforte de Lemos por un incendio

Interrompida a circulación ferroviaria entre Montefurado e Monforte de Lemos por un incendio

A circulación interrompeuse sobre as 08:00 horas da mañá deste martes e o primeiro tren que se viu afectado foi o de Ponferrada-Ourense

Recupérase a circulación entre Cerdido e Ponte Mera, correspondente á liña de ancho métrico entre Ferrol e Xixón, que se interrompera por desprendemento de terras

Operarios do Adif, nas inmediacións do túnel de Montefurado, en Quiroga (Carlos Castro-Europa Press) Operarios do Adif, nas inmediacións do túnel de Montefurado, en Quiroga (Carlos Castro-Europa Press)
G24.gal 17/02/2026 08:35 Última actualización 17/02/2026 17:47

A circulación ferroviaria entre Montefurado e Monforte de Lemos, do tramo León-Monforte de Lemos, está interrompida por un incendio con afectación á infraestrutura. Así o informou o Adif nun chío dende a súa conta de X.

Segundo afirmou o Adif, o incendio produciuse nun túnel preto da infraestrutura. A circulación interrempeuse sobre as 08:00 horas da mañá deste martes e o primeiro tren que se viu afectado foi o de Ponferrada-Ourense. O convoi vai retroceder cara a Montefurado e os seus pasaxeiros serán trasladados por estrada.

A que xa se retomou, segundo Adif, é a circulación entre Cerdido e Ponte Mera, correspondente á liña de ancho métrico entre Ferrol e Xixón, que tivera que interromperse por desprendemento de terras.

A incidencia quedou solucionada pouco antes das cinco da tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade