Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha trintena de vehículos amencen coas rodas picadas en Cambados

Unha trintena de vehículos amencen coas rodas picadas en Cambados

A Garda Civil asegura ter bastante avanzadas as investigacións

G24.gal 14/01/2023 14:44 Última actualización 14/01/2023 15:03

Preto de trinta vehículos amenceron este sábado coas rodas picadas no centro de Cambados. Segundo os veciños nos últimos doce meses houbo entre cinco ou seis ataques coma este. Porén, o deste sábado foi o máis grave de todos.

Inicialmente as agresións centrábanse na rúa dos Olmos pero desta volta picáronse as rodas dos vehículos en máis de cinco rúas do municipio, desde Ribeira de Fefiñáns ata o camposanto de Santa Mariña.

A veciñanza está farta e pide unha solución urxente para evitar máis ataques. Algunhas persoas perderon pneumáticos en dúas ou tres ocasións. A Garda Civil asegura que as investigacións están bastantes avanzadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade