Estas son as principais novidades tributarias para 2023
Estas son as principais novidades tributarias para 2023
No próximo exercicio as rendas de ata 21.000 euros terán menos retencións
Tamén se reducirá o IVE dos produtos de hixiene feminina
Ata uns 5 millóns de traballadores poden verse beneficiados pola baixada do IRPF ás rendas inferiores a 21.000 euros. Manuel de Miguel Monterrubio, subdirector do imposto sobre a renda do Ministerio de Facenda explica: "melloramos de 14.000 a 15.000 euros o umbral de tributación. O traballador que teña menos de 15.000 euros de salario bruto non pagará IRPF en 2023. E mellórase o tramo entre 15.000 e 21.000 euros, pagarán menos renda o ano que vén".
Tamén se amplía a casuística para que as mulleres reciban axudas 100 euros ao mes por fillo menor de tres anos. "Váiselle esixir que este ade alta na Seguridade Social no momento do nacemento, ou que estea cobrando prestación por desemprego ou que se dea de alta con posterioridade ao nacemento con 30 días cotizados de vida laboral", apunta Manuel de Miguel.
O IVE dos produtos de hixiene feminina baixará o ano que vén. Ricardo Álvarez, subdirector do imposto sobre o valor engadido do Ministerio de Facenda, apunta: "Baixan do 10 % ao 4 % os produtos de hixiene feminina, os preservativos e anticonceptivos non medicinais".
A nova normativa tamén intensifica a loita contra a evasión fiscal. Especialistas galegos na materia coñeceron de primeira man estes cambios nunha xornada en Vigo organizada pola Asociación Española de Asesores Fiscais.