Os partidos políticos galegos reclaman que se cumpra coa transferencia da AP-9
O Goberno di agora que, coas bonificacións nas peaxes, ve díficil encaixar a transferencia da autoestrada
Os representantes dos grupos parlamentarios defenderon unha reclamación histórica, aprobada por unanimidade pola Cámara galega
Novas trabas ao traspaso da AP-9 a Galicia. O Goberno di agora que, coas bonificacións nas peaxes, ve díficil encaixar a transferencia da autoestrada. Dende o seu propio partido lémbranlle que o traspaso é un compromiso. "Eu creo que haberá fórmulas para permitir seguir rebaixando as peaxes e no momento oportuno tamén facer esa transferencia que dende logo é un compromiso", dixo Gonzalo Caballero, voceiro no Parlamento do PSdeG
A voceira do Bloque Nacionalista Galego fala de escusas e pídelles ao Goberno e á Xunta que traballen para que o traspaso sexa efectivo :"Cremos que hai que traballar non só para conseguir a transferencia senón tamén que a AP9 esté libre de peaxes", defendeu Ana Pontón.
Desde o Partido Popular din que é posible o traspaso do custo das bonificación e esixen unha explicación "E conveniente que se dean explicacións porque a rebaixa das peaxes é importante pero o máis importante é que a autoestrada esté ben xestionada", manifestou Pedro Puy, voceiro no Parlamento do PP "
A transferencia da AP-9 a Galicia é unha reclamación histórica da comunidade aprobada por unanimidade en varias ocasión polo Parlamento galego.