Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nova noite de disturbios en Francia contra a reforma das pensións

Nova noite de disturbios en Francia contra a reforma das pensións

Houbo manifestacións espontáneas en varias cidades

En París hai polo menos 70 arrestados, segundo o diario Le Monde

G24.gal 21/03/2023 06:53

As protestas contra a reforma das pensións en Francia tamén seguen nas rúas, horas despois do rexeitamento das mocións de censura contra o goberno.

A deste martes foi unha nova noite de manifestacións e disturbios en varias cidades francesas. A cuarta consecutiva.

Só en París hai uns 70 detidos. Ducias de persoas concentráronse xunto ao mausoleo de Napoleón. Entre elas, deputados da Francia Insubmisa, un dos partidos de esquerda que se opón á reforma das pensións.

A policía desaloxou a explanada e posteriormente comezaron a producirse pequenas concentracións. Os manifestantes provocaron incendios aproveitando as montañas de lixo que se acumulan nas rúas tras varias xornadas de folga.

Son moitos os sectores que están en paro, coma os transportes, o ensino ou as refinerías.

E os sindicatos convocaron unha nova xornada de manifestacións para este xoves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade