Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nova final para o Pontevedra diante da Cultural (sábado, 19:00 na G2)

Nova final para o Pontevedra diante da Cultural (sábado, 19:00 na G2)

O equipo de Toni Otero comeza a xornada a seis puntos da salvación e despois de conseguir 1 dos últimos 15 en xogo

G24.gal 10/02/2023 11:13

O Pontevedra afronta unha nova final diante da Cultural Leonesa (sábado, 19:00 horas na G2 e G24). Ao equipo de Toni Otero vaille rematando o marxe de actuación, a seis puntos dos postos de salvación e logo de sumar un dos últimos quince puntos en xogo. 

Para este partido perde a Valentín Jaichenko, baixa por unha apendicite. O equipo intentará recuperar as boas sensacións que amosou diante do Real Madrid Castela porque visita Pasarón outro dos candidatos a entrar na fase de ascenso. A Cultural móvese preto dos postos de honra pero non acaba de dar ese paso adiante para meterse entre os cinco primeiros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade