Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nova fase de vixilancia da covid en Galicia co foco nos máis vulnerables

Nova fase de vixilancia da covid en Galicia co foco nos máis vulnerables

Os positivos con síntomas leves ou os asintomáticos xa non teñen que permanecer illados pero si deben cumprir unhas medidas de precaución

O alto grao de inmunidade, o impacto menor na capacidade asistencial e os tratamentos novos permiten suavizar as corentenas

G24.gal 02/04/2022 13:59

Tras máis de dous anos de pandemia, a situación mudou. Esta semana entrábase nunha nova fase de vixilancia da covid focalizada en protexer os colectivos máis vulnerables, como as persoas maiores, as inmunodeprimidas, as mulleres embarazadas e os casos graves da infección.

Os positivos con síntomas leves ou asintomáticos xa non teñen que permanecer illados en corentena pero si deben cumprir unhas medidas de precaución.

"A pandemia non acabou, pero entramos nunha fase de vixilancia dirixida a protexer os casos graves e os ámbitos máis vulnerables, pero a poboación xeral, se ten síntomas, aínda que non teña que permanecer illada na casa, si ten que manter o uso da máscara, manter a distancia de seguridade, protexer as persoas máis vulnerables da súa contorna e evitar interaccións sociais", di Marta Piñeiro, subdirectora xeral de Saúde Pública.

A situación mudou non só porque temos unha maior protección coas vacinas, tamén pola incorporación estes días do Paxlovid, o novo antiviral de Pfizer para tratar a enfermidade e evitar os episodios graves.

"Causas desta nova fase de transición é o elevado grao de inmunidade, o impacto menor na capacidade asistencial, todas as ferramentas que temos tamén farmacolóxicas como os tratamentos novos, todo o que se avanzou estes dous anos co coñecemento científico", destaca Marta Piñeiro, subdirectora xeral de Saúde Pública.

Nesta nova situación continuarase a monitorizar a evolución dos contaxios pero xa nunha fase de transición cara á normalidade, que as autoridades terán que ir avaliando, e sen esquecer que o virus continúa entre nós.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade