Nova división no Goberno ao votar Sumar a favor da suba salarial a militares, que non apoiou o PSOE
Nova división no Goberno ao votar Sumar a favor da suba salarial a militares, que non apoiou o PSOE
Os de Yolanda Díaz sumaron os seus votos aos de UPN, PP e Vox
A Comisión de Defensa do Congreso dos Deputados aprobou este xoves unha proposición non de lei para que o Goberno equipare as retribucións do persoal das Forzas Armadas coas dos membos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Era unha iniciativa de UPN que, como estaba previsto, contou co apoio do PP e de Vox. O voto dos grupos que forman a coalición de Goberno non foi coincidente. Sumar uniu os seus votos aos dos grupos da dereita, mentres que o Partido Socialista optou pola abstención.
O texto empraza o Goberno para "levar a cabo de forma urxente unha adecuación e mellora do salario dos membros das Forzas Armadas atendendo ás propostas de incremento de retribucións que se foron formulado desde distintos ámbitos e asociacións nos últimos anos". E, en concreto, reclama "acometer unha equiparación retributiva do persoal das Forzas Armadas, así como os seus complementos, gardas e servizos, tendo en conta a permanente dispoñibilidade, penosidade e perigo dos seus labores, coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado".