Publicador de contidos

Publicador de contidos

Nova derrota europea do Athletic (2-0)

Nova derrota europea do Athletic (2-0)

Os de Valverde acusaron en Newcastle as múltiples baixas coas que afrontaron o partido

Con 3 puntos en 4 partidos complican as súas opcións de acceder á segunda fase 

@AthleticClub @AthleticClub
G24.gal 05/11/2025 22:32

Dous errores defensivos condenaron ao Athletic Club, que caeu este mércores en Newcastle con goles de Dan Burn e Joelinton , ambos de cabeza. Sen esa pizca de sortte necesaria en escenarios, partidos e competicións deste estilo, o Athletic mantívose ata que a súa endeblez defensiva volveulle castigar. Unai Gómez e Adama Boiro topáronse cos postes nas mellores ocasións dos vascos namentras o Newcastle xogaba tranquilo ante a súa superioridade no marcador.

Soamente a entrada desde o banco dos canteiráns Shelton e Asier Hierro e as incursións do ex racinguista Nico Serrano levaron algo de perigo á área de Pope nun treito final de partido tranquilo pars os intereses do conxunto inglés.

O de Ernesto Valverde, que soamente gañaran ao Qarabag nestas primeiras catro xornadas da Liga de Campións, teñen tres puntos e necesitan unha importante melloría nas xornadas finais para meterse alomenos na repesca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos