Publicador de contidos

Publicador de contidos

Empate amargo do Barcelona en Brujas (3-3)

Empate amargo do Barcelona en Brujas (3-3)

O equipo blaugrana amosou de novo os seus problemas en defensa e non puido sumar tres puntos en Bélxica

Anulado un gol ó Brujas na prolongación por falta previa sobre Szczesny

@FCBarcelona_es @FCBarcelona_es
G24.gal 05/11/2025 22:16

O Barcelona rescatou un punto en Brujas (3-3), grazas a insistencia de Lamine Yamal, nun partido no que sempre foi por debaixo no marcador e amosou unha gran fraxilidade defensiva.

O Brujas golpeou pronto na primeira metade. Unha incursión pola dereita do portugués Forbs foi rematada ó fondo da rede por Tresoldi. Pero O Barcelona reaccionaría rápido co gol de Ferrán Torres a pase de Fermín. Pero de novo adiantaríase o equipo belga tras unha contra de Forbs, un pesadelo para os culés, que finalizaría o propio xogador luso. Antes do descanso, Kounde cun disparo o traveseiro e Torres nun man a man , gozaron de boas ocasións que non aproveitaron.

Tras o descanso seguiu o asedio blaugrana que tería premio tras unha espectacular xogada der Lamine Yamal que colocaba as táboas de novo no marcador. Pero de novo reaccionarían os belgas, e coma non, por medio de Forbs que noutra contra vertixinosa anotaba o terceiro do seu equipo. Seguiu porfiando o equipo catalán que volvería igualar o choque cun gol en propia porta do grego Tzolis tras un centro de Lamine. O partido remataría con susto para os cataláns despois de anular un gol o colexiado a Brujas na prolongación por unha falta previa cometida sobre Szczesny.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos