Cargando resultados...
Nordés, a presenza galega nunha feira ARCO 2026 moi reivindicativa
Os reis inauguraron está mañá a Feira Internacional de Arte Contemporánea en Madrid
O ministro de Cultura tivo que escoitar as protestas dun sector que leva anos pedindo a rebaixa do IVE cultural
G24.gal
05/03/2026 13:44
O sector reclama a redución do IVE para competir en igualdade de condicións cos países da contorna. Chus Villar, directora de Nordés, conta que "é o símbolo de non considerar a nosa actividade como unha labor cultural".
Villar dirixe Nordés, a única galería galega presente nesta edición da Feira Internacional de Arte Contemporánea.
De Galicia, dos montes de Ourense, chegou a madeira queimada no pasado verán. O proxecto 350.000 HA, o espazo de descanso da feira, lembra a vulnerabilidade da paisaxe rural.