Cargando resultados...
Non queren cans de caza adestrándose no Trega
Escorrentan as aves e asustan os peóns
G24.gal
10/02/2022 13:58
Desde a pandemia multiplicáronse os paseantes no monte Tegra da Guarda, moitos deles coinciden cos cans de caza que se adestran na zona provocando malestar entre uns e outros.
Os cazadores contan con permiso para ir adestrar os animais, déranllelo na comunidade de montes de Camposancos co visto e prace da Xunta hai tres décadas.
Agora a comunidade e os veciños consideran que non é viable, xa que producen moitas molestias nun dos montes máis visitados de Galicia desde hai case 90 anos.
Veciños e comuneiros queren que se revoquen eses permisos para poder seguir gozando do monte sen sobresaltos.