Publicador de contidos

Publicador de contidos

Non haberá primarias para elixir secretario xeral dos socialistas de Lugo

Non haberá primarias para elixir secretario xeral dos socialistas de Lugo

Tomé será o novo secretario provincial mentres que Arias ocupará a Vicesecretaría Xeral

G24.gal 17/01/2022 21:47

Finalmente non haberá primarias para elixir secretario xeral dos socialistas lugueses.

Os dous candidatos, José Tomé Roca, alcalde de Monforte e presidente da Deputación luguesa, e José María Arias, alcalde de Castroverde, chegaron a un acordo para acudir ao congreso provincial cunha única candidatura conxunta.

Tomé será o novo secretario provincial mentres que Arias ocupará a Vicesecretaría Xeral. Lugo será así a única provincia en que os militantes do PSdeG non terán que ir a unha votación para escoller o novo máximo responsable do partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade